Freitag, 24. Februar 2017

GALIZA: Intensa e fructifera actividade dos camaradas da LCP.

GALIZA: Intensa e fructifera actividade dos camaradas da LCP.

correovermello-noticias
A Coruña, 23.02.17
Unha delegación dos camaradas da Liga de Camponeses Pobres do Brasil estivo os pasados días na Galiza, no marco dunha xira europea, desenrrolando unha intensa e fructifera actividade en diversas cidades galegas.
Na cidade de Vigo, o día 21 de febreiro, os camaradas da LCP, logo de manter un fraternal contacto cos camaradas galegos, diron unha charla no C.S. A Revolta do Berbés na que expuxeron a situación das loitas campesiñas no Brasil eo traballo revolucionario desenrrolado pola Liga.
No día seguinte, pola mañan, en Santiago de Compostela, mantiveron unha xuntanza con membros da dirección do Sindicato Labrego Galego, nun fructifero intercambio de información das experiencias e loitas do campesinado brasileiro e galego. Pola tarde, na cidade de A Coruña, despois dunha xuntanza de traballo cos camaradas galegos, dirón unha charla no C.S. A Comuna que concluíu co unha pequena celebración coma agasallo aos camaradas da Liga de Campesiños Pobres e sua grande e importante laboura revolucionaria no campo no Brasil.

VIGO:

A CORUÑA: