Pela construción
dun poderoso Partido Comunista maoísta na Galiza.
Camaradas, compañeiras e compañeiros:
Reciban un fraternal saúdo vermello dos camaradas que
facemos parte do Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza
en este novo ano 2019.
Este novo ano, ten que representar un grande salto
adiante, na nosa tarefa central, a construción dun poderoso partido proletario
na Galiza, baixo o mando e guía do marxismo-leninismo-maoísmo, principalmente
maoísmo, vencellado a loita de clases e as masas populares. Facemos un chamado a unirse ao noso
traballo, as mulleres e homes honestos e revolucionarios do país.
Este ano tamén veremos crecer o nivel das loitas, que as
masas populares do noso país, terán que levar a cabo na defensa de seus
intereses.
Vemos coma medra a precariedade, os salarios de miseria
mentres os grandes empresarios e políticos do réxime enriquécense nunha orxía de
privatizacións dos servizos públicos, enchendo de sufrimento ao pobo
traballador.
Vemos as multinacionais mineiras desembarcan, da man da
Xunta, en diversa partes do país, para espoliar as nosas riquezas naturais,
destruíndo fauna e flora, contaminando as augas e os nosos rios.
Vemos as multinacionais destruír postos de traballo, coma
é o caso de ALCOA na Coruña, e coma a resposta do goberno e dos partidos da
chamada oposición (non esperabamos outra cousa) ponse de xeonllos diante dos
imperialistas yankees, para ofrecelos unha tarifa eléctrica preferente. Mentres,
as masas, enfrontan a subida dos prezos da electricidade, de produtos básicos e
carburantes.
Este ano tamén teremos un novo circo electoral da podre
democracia da restauración borbónica e mais no proxecto imperialista europeo.
Nada pode esperar o pobo traballador galego, deste circo
electoral, simplemente, novos representantes dos intereses da grande burguesía
e mais medidas de “austeridade” do FMI
ou de Bruxelas.
A clase obreira
e ao pobo traballador galego, ninguén o representa, e moito menos
os falsos partidos progresistas do réxime; PSOE, EU, Podemos, As Mareas ou BNG.
É por todo este, que chamamos ao boicot das mesmas,
denunciándoas coma un novo fraude dos electoralistas para facer parte do réxime
e cabalgar sobre o lombo do pobo lexitimándoo “democraticamente”
Traballaremos a reo, para artellar unha ampla plataforma,
para levar a cabo este necesario e xusto boicot.
Mesmo,
continuaremos coas campañas en apoio as guerras populares no mundo e nas campañas
internacionais en defensa dos prisioneiros políticos , Pdte. Gonzalo (Perú),
Camarada Ajith, profesor GN Saibaba
(India) ou do Dr. Ernesto Sernas (México) e outros milleiros de prisioneiros de
guerra e políticos no mundo.
Doutra banda a nivel internacional, acentúanse as
contradicións entre as potencias imperialistas, polo reparto do mundo, con
enfrontamentos abertos ou guerras de baixa intensidade que destruín países e
pobos. As luminosas guerra populares na India, Filipinas, Perú, Turquía sinalan
o autentico camiño da liberación dos pobos, fronte as ilusións electoralistas
dos revisionistas e oportunistas.
Compre recordar sempre a consigna do Presidente Mao; Desbotade
as ilusións e prepararse para loitar!
Con grande optimismo, vemos como as forzas comunistas no
mundo, avanzan cara unha Conferencia Internacional unificada baseada no m-l-m.
Este ano pasado, temos feito parte da grande celebración
internacional do 200 aniversario de Karl Marx, máis do 125 aniversario do
natalicio do Presidente Mao Tse-tung. Mesmo tamén temos participado en importantes
eventos internacionais, que representan un duro golpe aos designios dos
revisionistas e liquidadores.
O noso traballo continua, con avances e retrocesos, máis non imos rendernos nesta importante batalla, ideolóxica e política para facer do maoísmo mando e guía da Revolución Socialista na Galiza, vencellada firmemente a Revolución Proletaria Mundial.
Galiza a primeiro de xaneiro do 2019
Comité
de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza