lunes, 16 de octubre de 2017
GALIZA: Chamamento do PC-maoísta da Galiza.
GALIZA ARDE, A XUNTA RESPONSABEL!
Ao pobo traballador galego:
A onda de lumes que están a queimar unha parte importante dos nosos montes ten un único responsabel; a Xunta de Galicia o goberno reaccionario do Partido Popular e seo presidente, Alberto Núñez Feijoo.
Goberno corrupto, que non é capaz de xestionar a defensa do noso país fronte a os retos do cambio climático e a seca. Un goberno corrupto que só obedece a escuros intereses das multinacionais madeireiras, mineiras e as promotoras especuladoras do ladrillo, que queimán o monte para preparar o terreo para a súa futura Lei de depredación.
Lonxe de prorrogar o dispositivo anti-lumes, a Xunta do PP, dun xeito irresponsable, desmobilizou o mesmo, no seu afán de recortes criminais, o mesmo que na sanidade, ou ensino ou transporte publico.
Este foi denunciado polos propios traballadores que reclamaron en Compostela que se reorganizara o dispositivo anti-lumes, profesionalizandoo e mesmo destinando máis recursos para o mesmo.
Tristemente os peores augurios cumpríronse, a estas horas falase de tres persoas mortas e centos de hectáreas queimadas en zonas de grande valor ecolóxico. O pobo loita en solitario contra o lume!
Ninguén vai a salvar a Galiza se non somos nós, o pobo traballador galego, como xa demostramos no caso do Prestige, homes e mulleres, mozas e mozos, persoas maiores, amantes de súa Patria e das riquezas naturais da mesma.
Polo mesmo dende o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza facemos un enérxico chamado a mobilización nas rúas, en tódolos pobos e cidades do país, baixo as consignas de:
ABAIXO A XUNTA DO PP !
FEIJOO DIMISION !
PP RESPONSABLE !
POLA REPUBLICA POPULAR DA GALIZA !
Galiza, 16 de outubro do 2017
Comité de Construción do Partido Comunista-maoísta da Galiza.